As queimaduras son
a cuarta causa máis común de traumatismos en todo o mundo, despois
dos accidentes de tráfico, as caídas e a violencia interpersoal.
As
cifras de incidencia e prevalencia de queimaduras en España
estimáronse a partir de diferentes estudos:
Segundo
os datos publicados pola Organización Mundial da Saúde
(OMS), en 2018 prodúcense no mundo 180 000 mortes por
queimaduras ao ano, sendo máis frecuentes nos países de renda per
cápita media e baixa.
En
2004, case 11 millóns de persoas en todo o mundo sufriron
queimaduras o suficientemente graves como para requirir atención
médica.
Con
respecto aos datos dispoñibles en España.
• Segundo
o documento de Centros, Servizos e Unidades de Referencia do Sistema
Nacional de Saúde (CSUR) do ano 2019(4):
— 300
de cada 100 000 habitantes necesitan atención médica por
queimaduras.
— 14
de cada 100 000 habitantes requiren hospitalización tras sufrir unha
queimadura.
— As
queimaduras por chama e as escaldaduras son as máis frecuentes en
todos os grupos de idade.
— Os
tres principais factores de risco para a supervivencia
dos/as pacientes queimados/as son: a superficie total queimada,
a idade e a inhalación de fume asociada.
Dacordo co informe de lesionados por queimaduras en España da
Fundación MAPFRE.— O
número de urxencias atendidas no período 2011-2017 na totalidade
das unidades CSUR de Queimados Críticos españolas foi de 46.325.
— O
grupo de idade con maior incidencia de ingresos sitúase entre os 30
e os 50 anos con 3 417 casos, é dicir, un 37,5 %, e prodúcese en
maior medida entre os homes, un 62,9 % fronte ao 37,1% nas mulleres
no total da mostra.
— A
principal causa de queimaduras nos nenos e nenas foi, de xeito moi
destacado, a escaldadura, cun 68 % dos casos e unha idade media do
menor de 2,8 anos por esta etioloxía.
— No
caso dos/as pacientes adultos, a causa máis destacada como orixe da
queimadura é a chama, cun 53,1 % dos casos, o que produce nestes
pacientes unha superficie corporal queimada do 16,2 %.
As
lesións por queimaduras non mortais son unha das principais causas
de morbilidade, incluíndo hospitalización prolongada, desfiguración
e incapacidade.
O
impacto económico das queimaduras é moi importante. En España,
estímase que os custos anuais directos e indirectos por paciente
queimado son de 83 000 euros, e o custo anual total é de 262 millóns
de euros.
Entre
o 60 % e o 80 % das queimaduras prodúcense no ámbito doméstico e
entre o 10 e un 15 % no ámbito laboral, e a explosión e a chama son
os principais mecanismos, seguidos das queimaduras eléctricas e
químicas.
Entre
as queimaduras domésticas, as máis frecuentes son as provocadas por
líquidos quentes (escaldadura), especialmente auga e aceite,
seguidas dos sólidos quentes (prancha, estufa).
A
vellez e a infancia son as etapas da vida onde se produce o maior
número de queimaduras.
Aínda
que é difícil obter as cifras exactas de queimaduras que se
producen na nosa comunidade, porque moitos/as pacientes non acoden a
un centro médico, podemos obter datos da Unidade de Queimados do
Complexo Hospitalario da Coruña, recoñecido como centro CSUR(8-9):
O
grupo de idade con maior incidencia foi o de menores de 10 anos. O
seguinte grupo de idade en incidencia foi o de 50-60 anos, cun 16 %.
Case
o 70 % foron accidentes domésticos (sobre todo por contacto con
líquidos quentes).
A
maior parte (60,03 %) foron queimaduras de segundo grao superficial,
seguidas polas de segundo grao profundo (26 %).
Por
franxas de idade, máis do 60 % das queimaduras de 3.º grao
afectaron a pacientes maiores de 50 anos, mentres que o 25 % das
queimaduras de 2.º grao superficial afectaron o grupo de 0 a 20
anos. As queimaduras de 2.º grao profundo foron máis frecuentes
entre os 40 e os 60 anos.
O
mecanismo máis común de queimaduras foi a escaldadura (40 %),
seguido da
chama
(22 %) e do contacto directo (15 %). Menos frecuentes foron as
explosións,flash eléctrico, queimadura eléctrica, queimaduras
químicas...
A
superficie corporal (SCQ) media queimada foi do 4,61 %, cun rango
entre o 0,3 % e o 98 %.
A
localización máis frecuente das queimaduras foron as mans, salvo
nos pacientes maiores de 80 anos, que foron as extremidades
inferiores.
O
37 % dos/as pacientes atendidos/as na unidade requiriron ingreso
hospitalario. A taxa de mortalidade foi do 1,2 %.
Cunha
adecuada educación e información, a maioría das queimaduras son
evitables